Arquivos da etiqueta: Rianxo

Camiñata pola beira do río Te

Ultimamente non paramos! A nosa última saída foi polo río Te. Que sendeiro máis bonito temos aquí ao ladiño da casa! Canto para ver, para descubrir e para gozar!

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , , | 9 Comentarios

Inacio na nosa biblioteca

Hoxe tivemos unha visita especial na nosa biblioteca. Veu Inacio a contarnos contos. El é titiriteiro, actor, contacontos, escritor… Contounos contos de burros, pero tamén poidemos falar un pouquiño con el sobre Titoán, o relato de Peito de Lobo escrito … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | 5 Comentarios

Saída a Rianxo

O xoves pasado fomos de visita á Casa Museo de Manuel Antonio e á Biblioteca Pública Municipal Castelao. Tivemos a sorte de que Rebeca e Sofía estiveran con nós e nos ensinaran todo, así que poidemos aprender moitísimo sobre Manuel … Sigue lendo

Publicado en Xeral | Etiquetado , , , , , , | 13 Comentarios

Veu Gochi!

  Sí, por fin coñecemos a Gochi! Hoxe estivo na BBS. Falounos sobre banda deseñada e sobre Trasmallo e preguntámoslle un montón de cousas que queriamos saber. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa.

Publicado en As nosas lecturas, Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Veu Gochi!

Investigando no álbum de Trasmallo

Pedíronnos que usaramos as nosas dotes de observación no libro e Trasmallo para buscar lugares de Rianxo e así o fixemos. Todas as preguntas resoltas! Somos ben espelid@s!

Publicado en As nosas lecturas, Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | 3 Comentarios

Un mar de mulleres

Esta fin de semana teatro express en todas as parroquias de Rianxo. O sábado en Taragoña ás cinco e no Araño ás seis. O domingo no auditorio de Rianxo ás sete. Unha obra sobre as mulleres que traballan no mar … Sigue lendo

Publicado en Xeral | Etiquetado , , | 2 Comentarios

O extraño caso da morte de lady Saraiba (e as que viñeron despois)

Mañá sábado poderemos ver en Rianxo teatro escrito e representado por nenos e nenas. O grupo de rapaces de Airiños escribiu unha divertida obra de intriga policial. Estarán no Auditorio ás oito da tarde, se podedes, non faltedes, haberá diversión … Sigue lendo

Publicado en Xeral | Etiquetado , | Comentarios desactivados en O extraño caso da morte de lady Saraiba (e as que viñeron despois)

No Auditorio

Aquí temos nosas imaxes da saída ao auditorio para ver Baleadas. mirade que pinta temos cos lentres 3D.  

Publicado en Sen clasificar, Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en No Auditorio

Na exposición de Airiños

O mércores 10 de outubro visitamos a exposición que o grupo de teatro Airiños organizou para conmemorar o seu 75 aniversario. Airiños é o grupo de teatro afeccionado máis antigo de Galicia. É un grupo creado na parroquia de Asados … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Na exposición de Airiños

Petróglifos en Rianxo

E aquí na casa, no noso propio municipio, temos moitos e interesantísimos petróglifos que aínda que nalgúns casos non están doados de localizar, están catalogados e recollidos no inventario do noso patrimonio arquitectónico. Consultade a información que recolle a páxina … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2011-2012 | Etiquetado , , , | 2 Comentarios