Arquivos da etiqueta: plantas

As nosas árbores

Aínda son pequerrechas pero veñén con forza e con ganas de medrar. Esta semana marcharon para as vosas casas as primeiras sete árbores, seis castiñeiros e unha nogueira que sementaramos en novembro. Temos dúas máis que quedarán na horta da … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en As nosas árbores

RETRATOS DE OUTONO

Este trimestre, dentro da campaña da biblioteca para este curso, traballamos con froitos de outono e coas obras do pintor italiano do século XVI Arcimboldo. Aquí tedes o resultado.

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , , , | Comentarios desactivados en RETRATOS DE OUTONO

PLANTAMOS!

Si, plantamos cebolo, repolo e brocoli, a nosa hortiña está en marcha! Comezaron a facelo os máis pequen@s na mañá do Magosto e por fin chegou o noso día. Terra, sachiño, auga, plantas e moitas ganas de ter unha boa … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Os mandarinos de Iria e Noa

Un día que Iria veu a miña casa a xogar deixou as pebidas dunha mandarina enriba da mesa e o meu pai plantounas. Mirade agora, un ano despois, que grandes están! Había catro pero morreron dous. Noa e Iria

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 11 Comentarios

Que tal, vexetal?

Despois de ver o libro Que tal, vexetal? Alimentos con sentimentos de Saxton Freymann e Joost Elffers, publicado pola editorial Linteo, decidimos poñernos mans á obra e buscarlle expresión e sentimentos a produtos das nosas hortas que rápidamente comezamos a … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

A nosa ensalada

Que boísima estaba a ensalada que fixemos coas leitugas da nosa horta! Tiña de todo, pero o ingrediente estrela eran as nosas leitugas, que eran impresionantes. Mirade, mirade nas fotos que aspecto tiñan. Repartimos o traballo entre tod@s e preparamos … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , | 1 comentario

Plantamos leitugas

Seguimos aproveitando o bo tempo para saír a horta e plantar, Coñecemento do Medio na práctica. Desta vez tivemos a sorte de que Tino nos explicara como se está a facer o compost no noso composteiro. As nosas catro leitugas … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Plantamos leitugas

Plantando árbores na horta

E por fin saiu o sol! E poidemos baixar á horta e empezar a traballar. Hoxe plantamos castiñeiros do país e carballos americanos. Tino e José Luís están poñendo todo a punto na horta para que poidamos empezar a usala … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , | 2 Comentarios

As nosas fabas

As nosas fabas empezaron a medrar dentro dos seus vasos transparentes, tanto que decidimos que era o momento de levalas para a horta e plantalas en terra, para que poideran continuar facéndose grandes, e quen sabe ata deixarnos facer un … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en As nosas fabas

Xerminando fabas

Desde principio deste trimestre, ao comezar a traballar en Coñecemento sobre as plantas, decidimos observar o proceso de xerminación dunha faba. Nesta presentación tedes o que fomos facendo e observando. Aínda non rematamos, pero xa fomos vendo moitos cambios. A … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Xerminando fabas