Arquivos da etiqueta: horta

O castiñeiro de Rubén

Hoxe plantamos no patio o castiñeiro de Rubén e baleiramos ao redor del a terrra dos tetra bricks nos que os froitos aínda non xerminaran. Agora tócalle medrar e facerse máis forte para chegar a darnos castañas. Quen sabe? Tino, … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 8 Comentarios

Novo cabezallo

Comezamos o terceiro trimestre con novidades no blogue: outro cabezallo! Despedimos ao de Patri que nos acompañou nos últimos meses e damos a benvida ao creado por Noelia.

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Ensalada!

O xoves pasado fixemos unha ensalada na clase e comémola! Os de quinto ofrecéronnos leitugas das que plantaran na horta e nós, claro, dixemos que sí.  Preparámola entre todos antes do recreo e despois papámola. Nas fotos case non ides … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , | 3 Comentarios

As nosas árbores

Aínda son pequerrechas pero veñén con forza e con ganas de medrar. Esta semana marcharon para as vosas casas as primeiras sete árbores, seis castiñeiros e unha nogueira que sementaramos en novembro. Temos dúas máis que quedarán na horta da … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en As nosas árbores

Carballos, nogueiras e castiñeiros

Esas son as tres árbores que queremos que agromen na nosa clase. Sementamos castañas, unha landra e unha noz en tetrabriks e agora toca… agardar! A ver se todo vai ben!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Carballos, nogueiras e castiñeiros

PLANTAMOS!

Si, plantamos cebolo, repolo e brocoli, a nosa hortiña está en marcha! Comezaron a facelo os máis pequen@s na mañá do Magosto e por fin chegou o noso día. Terra, sachiño, auga, plantas e moitas ganas de ter unha boa … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Os mandarinos de Iria e Noa

Un día que Iria veu a miña casa a xogar deixou as pebidas dunha mandarina enriba da mesa e o meu pai plantounas. Mirade agora, un ano despois, que grandes están! Había catro pero morreron dous. Noa e Iria

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 11 Comentarios

Que tal, vexetal?

Despois de ver o libro Que tal, vexetal? Alimentos con sentimentos de Saxton Freymann e Joost Elffers, publicado pola editorial Linteo, decidimos poñernos mans á obra e buscarlle expresión e sentimentos a produtos das nosas hortas que rápidamente comezamos a … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

A nosa ensalada

Que boísima estaba a ensalada que fixemos coas leitugas da nosa horta! Tiña de todo, pero o ingrediente estrela eran as nosas leitugas, que eran impresionantes. Mirade, mirade nas fotos que aspecto tiñan. Repartimos o traballo entre tod@s e preparamos … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , | 1 comentario

Plantamos leitugas

Seguimos aproveitando o bo tempo para saír a horta e plantar, Coñecemento do Medio na práctica. Desta vez tivemos a sorte de que Tino nos explicara como se está a facer o compost no noso composteiro. As nosas catro leitugas … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Plantamos leitugas