Arquivos da etiqueta: Galicia

Fadas na BBS!

O mércores pola tarde tres fadas visitaron a nosa biblioteca e nos contaron moitísimas cousas sobre seres mitolóxicos da cultura galega. Para ver a reportaxe completa entrade no blogue da BBS Se queredes ver con detalle todo o que Amanda, … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Terceiro A 2013-2014, Terceiro B 2013-2014 | Etiquetado , , , | 5 Comentarios

SAMAÍN

Esta semana foi curta pero intensa. Celebramos o Samaín, así que fixemos moitísimas cousas e o pasamos, de medo! Para comezar a semana, Andrea trouxonos unhas chulas de cabaza que fixeran a súa nai e a súa avoa. Entre as … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , | 1 comentario

Subida ao Castro Barbudo e ao monte Treito

Aquí temos a reportaxe fotográfica da saída do venres pasado. Que día tan bonito!

Publicado en Cuarto 2013-2014, Terceiro A 2013-2014, Terceiro B 2013-2014 | Etiquetado , , , | 7 Comentarios

A festa da Guadalupe

Aquí está o poema colectivo que escribiu cuarto sobre a Festa da Guadalupe. Tomamos como modelo o poema de Manuel María “A festa do patrón” que está en Os Soños na Gaiola. Cada quen escribiu sobre o que máis lle … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , | 2 Comentarios

Móllate polos ríos

Este domingo, Móllate polos ríos, participa na limpeza do río Te que se levará a cabo ao mesmo tempo que a limpeza doutros moitos ríos galegos. Será a VI limpeza simultánea de ríos galegos dentro do “Proxecto Ríos”, unha iniciativa … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , , | 5 Comentarios

Camiñata pola beira do río Te

Ultimamente non paramos! A nosa última saída foi polo río Te. Que sendeiro máis bonito temos aquí ao ladiño da casa! Canto para ver, para descubrir e para gozar!

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , , | 9 Comentarios

Saída pola Barbanza

Aquí temos a reportaxe fotográfica da nosa excursión ao Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e ao Castro de Baroña. Os pés de foto son do alumnado de 3º. Foi moi divertido, pasámolo moi ben e … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , | 7 Comentarios

Roberto Vidal Bolaño

Para continuar traballando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, esta vez desde o noso blogue, enlazamos dous libros de actividades LIM elaborados polo Seminario Galán, un colectivo de profes que todos os anos elabora e comparte coa comunidade … Sigue lendo

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Roberto Vidal Bolaño

Meu o mundo é!

Novo vídeo de Paco Nogueiras, outro temazo que vos vai gustar seguro, seguro. Preparádevos para cantar e bailar… EN GALEGO!

Publicado en Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , | 1 comentario

Golfiño

Aquí tedes un paquete de actividades sobre Golfiño. De momento están en período de proba, pendentes de modificar dependendo das vosas valoracións. Despois a versión definitiva irá ao blogue da biblioteca. Así que xa sabedes, probádeo e opinade.

Publicado en As nosas lecturas, Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios