Arquivos da etiqueta: Galicia

Excursión a Campo Lameiro

Na nosa excursión de fin de curso marchamos á provincia de Pontevedra: Campo Lameiro e Caldas. Visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro, onde puidemos ver moito do que aprendemos en Coñecemento neste trimestre. Despois de visitar … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar, Terceiro A 2013-2014, Terceiro B 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Excursión a Campo Lameiro

O centro arqueolóxico da Barbanza

Os de 3º e 4º estivemos de visita en Neixón, no centro arqueolóxico. Empezamos vendo un documental da prehistoria da Barbanza, despois visitamos o museo. O que máis nos chamou a atención foi unha maqueta de todo a Barbanza, logo … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 3 Comentarios

Os xogos e xoguetes populares

Aquí tedes algunhas imaxes do ben que o pasamos o venres cos xogos e xoguetes populares que fixo Che Tembra e que nos emprestou. Tranquil@s, quedarán algún tempiño máis na escola para poder seguir usándoos.

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , | 4 Comentarios

Festival Solidario Letras Galegas 2014

BEEEN! Mañá celebraremos o Festival Solidario Letras Galegas e en cuarto sentímonos moi orgullos@s por seren os armadanzas que sementaron unha idea que agromou nunha escola sempre comprometida coas boas causas e as boas ideas. Oxalá todas as propostas de … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Festival Solidario Letras Galegas 2014

Con Díaz Castro

Aquí está o novo tema de Paco Nogueiras Nodar para conmemorar as Letras Galegas 2014 e homenaxear ao poeta Xosé Mª Díaz Castro.

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Entre cazolas!

Aquí está o traballo que realizamos ao longo das últimas sete semanas dentro do programa Conectando Mundos, Sementes para un mundo máis xusto. É un mural dixital que recolle parte das nosas investigacións, as nosas reflexións e as nosas propostas … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Etiquetado , , , , , | 4 Comentarios

Día de Rosalía

Preparando os nosos versos e flores para o Día de Rosalía.

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Día de Rosalía

No corazón do bosque

No trimestre pasado estivemos lendo No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. É unha aventura máxica que comeza e remata nas fragas do Eume e que nos fala da amistade entre unha nena, Raquel, e un ser da nosa … Sigue lendo

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , , , | 4 Comentarios

Carballos, nogueiras e castiñeiros

Esas son as tres árbores que queremos que agromen na nosa clase. Sementamos castañas, unha landra e unha noz en tetrabriks e agora toca… agardar! A ver se todo vai ben!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Carballos, nogueiras e castiñeiros

Tempo de magostos

Pois si, estamos no tempo dos magostos. Na escola xa fixemos o noso, pero mentres haxa castañas seguro que temos moitos máis magostos aos que ir para pasalo ben e encher o bandullo. Aquí vos deixamos o Rap do Magosto … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 3 Comentarios