A casa máis grande do mundo

Iria e Noa foron as encargadas de pechar os contacontos da BBS deste curso. Entrade no blogue da biblio para ver como lles foi.

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 1 comentario

Copa do Mundo de Baloncesto 2014

Imos comezar un novo proxecto, o último deste curso, que desta vez realizaremos en castelán e que, como xa fixemos noutras ocasións, incluirá contidos de moitas áreas e nos fará investigar e aprender sobre un tema. Desta vez poñémonos deportiv@s e traballaremos sobre a Copa do Mundo de Baloncesto que se celebrará en España a finais de agosto e principios de setembro deste ano.
Agora que todo o mundo vai empezar a falar de fútbol nós comezaremos a falar tamén de baloncesto.

E para comezar aquí temos a páxina da Copa do Mundo 2014. Preme na imaxe para entrar e empezar a curiosear.

Publicado en Cuarto 2013-2014, Educación Documental | Etiquetado , , | 2 Comentarios

O monstro peludo

E por fin, este mércores estreamos na BBS O monstro peludo en Kamishibai!

Despois  de preparar as ilustracións e practicar as voces dos personaxes e a narración, ofrecémonos para contalo nun recreo. Que nervios! Pero que ben saiu! E que ben o pasamos! 🙂

Foi a primeira produción para Kamishibai da BBS e a verdade é que escollemos un conto moi divertido e iso sempre axuda.

Neste enlace podedes ver o artigo do blogue da BBS. E aquí tedes a reportaxe fotográfica completa.

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Aniversario de Rubén

E chegou o aniversario de Rubén! E claro, celebrámolo! Por todo alto: riquísimo biscoito, parabéns, canción e algún que outro tirón de orella.

MOITOS PARABÉNS, RUBÉN!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado | Comentarios desactivados en Aniversario de Rubén

Os xogos e xoguetes populares

Aquí tedes algunhas imaxes do ben que o pasamos o venres cos xogos e xoguetes populares que fixo Che Tembra e que nos emprestou. Tranquil@s, quedarán algún tempiño máis na escola para poder seguir usándoos.

Jorge e Ramón na carrilana

Noelia en acción

Laura e Silvia

Iria nos bolos celtas

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , | 4 Comentarios

Artistaz@s!

Dá gusto ver os festivais da nosa escola! Tremendos artistas que temos! E sobre todo, que ganas tedes de actuar, como traballades para que saia xenial e que ben o pasades.

Bravo!

Noelia e Laura colaboraron cos de Primeiro

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Artistaz@s!

Despachando entradas

E chegou o día do festival Solidario! Alí estivo cuarto, despachando entradas para o festival. Que ben o fixestes! E que ben o pasastes!
Grazas a todas as familias que viñeron ao festival.

Tras dúas semanas recollendo produtos o luns 2 de xuño levamos a Servizos Sociais todo o recollido.
Grazas a tod@s por participar nesta campaña!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Festival Solidario Letras Galegas 2014

BEEEN! Mañá celebraremos o Festival Solidario Letras Galegas e en cuarto sentímonos moi orgullos@s por seren os armadanzas que sementaron unha idea que agromou nunha escola sempre comprometida coas boas causas e as boas ideas.

Oxalá todas as propostas de solución ao problema da fame que elaboramos en Conectando Mundos foran tan ben acollidas e tan rápidamente postas en práctica coma estas.

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Festival Solidario Letras Galegas 2014

Campaña de recollida de alimentos

                                              Feito!
Botou a andar a campaña de recollida de alimentos, produtos de aseo e de limpeza no noso cole. E en 4º estamos moi, moi content@s porque conseguimos levar adiante unha das nosas propostas en Conectando Mundos. Agora agardamos que a campaña resulte moi ben e recollamos moitos produtos.

Publicado en Cuarto 2013-2014, Educación Documental | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Campaña de recollida de alimentos

Presentación Conectando Mundos

Esta semana cuarto estivo moi liado!
Entre o luns e o mércores fixemos a presentación do noso traballo en “Conectando Mundos” para os compañeiros dos dous terceiros, quinto e sexto. Foi toda unha experiencia! Non é o mesmo presentar un traballo a uns compañeiros/as doutra clase que falar con eles no patio, no bus, na aldea… Sobre todo se son máis grandes.
Resultou moi ben porque tiñamos moito que contar e que compartir e moitas ganas de facelo.
Fixemos as presentacións nesta semana para aproveitar e botar a andar tamén a campaña de recollida de alimentos e produtos de limpeza e aseo e convertir o festival das Letras Galegas nun festival solidario.

Neste enlace podes ver os traballos desta edición de Conectando Mundos no noso grupo de idade.

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014, Educación Documental | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios