Arquivo da categoría: As nosas producións

O monstro peludo

E por fin, este mércores estreamos na BBS O monstro peludo en Kamishibai! Despois  de preparar as ilustracións e practicar as voces dos personaxes e a narración, ofrecémonos para contalo nun recreo. Que nervios! Pero que ben saiu! E que … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Presentación Conectando Mundos

Esta semana cuarto estivo moi liado! Entre o luns e o mércores fixemos a presentación do noso traballo en “Conectando Mundos” para os compañeiros dos dous terceiros, quinto e sexto. Foi toda unha experiencia! Non é o mesmo presentar un … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014, Educación Documental | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios

A materia

No segundo trimestre estivemos traballando sobre a materia e fixemos diferentes observacións e experimentos. Aquí vai unha reportaxe sobre o noso traballo.

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado | Comentarios desactivados en A materia

Os nosos poemas

No obradoiro de poesía con Yolanda Castaño escribimos un poema colectivo sobre o sol e despois comezamos a escribir os nosos propios poemas sobre o mar, a velocidade ou a guerra. Non tivemos tempo de rematalos con Yolanda, pero continuamos … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 1 comentario

Os nosos murais

A semana pasada rematamos a exposición dos murais sobre os vosos primeiros anos de vida. Un a un fostes presentando o voso traballo e contándonos todo o que descubrírades sobre como erades de bebés. Trouxestes obxectos desa etapa que tiñades … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014, Educación Documental | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Os nosos murais

Cambio de cabezallo

Xa estamos co terceiro cabezallo deste curso e aínda nos quedan máis para que o noso blogue “nos entre polos ollos”. Despedimos ao chulísimo cabezallo de Rubén e Andrea que nos acompañou estes últimos meses. Graciñas polo voso traballo! E … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Cambio de cabezallo

O falso Papá Noel

Aquí van as fotos dun ensaio na clase da obra de teatro que cuarto representou no festival de Nadal e un par de fotos da actuación, que de momento é o que temos. “O falso Papá Noel” foi a obra … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en O falso Papá Noel

NÓS

Ao longo do mes de decembro estivemos traballando sobre nós cando eramos bebés. Preparamos na clase un cuestionario para recoller información sobre os nosos primeiros anos de vida, ata que empezamos na escola. Chegamos a xuntar máis de vinte preguntas … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en NÓS

RETRATOS DE OUTONO

Este trimestre, dentro da campaña da biblioteca para este curso, traballamos con froitos de outono e coas obras do pintor italiano do século XVI Arcimboldo. Aquí tedes o resultado.

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , , , | Comentarios desactivados en RETRATOS DE OUTONO

Pulmóns

En Coñecemento estamos traballando sobre o corpo humano e a función de nutrición. Para entender mellor o funcionamento do diafragma e dos pulmóns creamos os nosos pulmóns artificiais. A tarde que estivemos creando pulmóns Gadea e Diana viñeron de visita … Sigue lendo

Publicado en As nosas producións, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Pulmóns