Arquivo da categoría: As nosas lecturas

Esther na BBS

Que sorte temos! Outra nai de 4º estivo na BBS contando contos, como non ides ser vós unha panda de “contistas”. 🙂 Entrade no blogue da biblioteca e vede a reportaxe completa.

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 1 comentario

A vaca que puxo un ovo

Silvia, Helena, Patri, Laura, Andrea, Fátima e Noa contaron A vaca que puxo un ovo nos recreos da BBS. Visitade o blogue da biblio para ver a reportaxe completa.

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en A vaca que puxo un ovo

As tres fillas

Andrea, Iria e Noelia foron contadoras nos contacontos do recreo da BBS. Escolleron unha versión dun conto tradicional “As tres fillas” que nos gustou moito. Normal, tiñamos unhas contadoras de luxo! Para saber máis visitade o blogue da biblio.

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 5 Comentarios

César, Tino e a xoaniña rosmona

César Miguéns e Tino contaron un conto nos recreos lectores da BBS. E fixérono moi ben! Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa.

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en César, Tino e a xoaniña rosmona

Aventuras de Picofino

Aínda nos lembramos ben Carolina, a protagonista de Memorias de una gallina de Concha López Narváez. Nese libro coñecemos tamén a Picofino, un dos irmáns de Carolina, que é o protagonista da obra que comezamos a ler neste trimestre. Aventuras … Sigue lendo

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 3 Comentarios

No corazón do bosque

No trimestre pasado estivemos lendo No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. É unha aventura máxica que comeza e remata nas fragas do Eume e que nos fala da amistade entre unha nena, Raquel, e un ser da nosa … Sigue lendo

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , , , , , | 4 Comentarios

Boas noites

Estas últimas semanas estivemos lendo teatro na clase. Fixemos unha lectura dramatizada da obra Boas noites de Paula Carballeira. Gustounos ler poñendo voces e entoación, especialmente porque esta é unha obra moi divertida, cuns diálogos moi inxeniosos. Trata dunha nena … Sigue lendo

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Pilu, Pilu!

Ruth, Rocío, Ainara e Sandra contaron un conto nos recreos lectores da BBS. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa.

Publicado en As nosas lecturas, Terceiro B 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Pilu, Pilu!

Si quieres pasar miedo

En cuarto estamos lendo un libro de relatos de medo, para ir ambientándonos para o Samaín, que xa está a chegar. Titúlase Si quieres pasar miedo e a súa autora é Angela Sommer Bodenborg. Animádevos a opinar sobre el.

Publicado en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 2 Comentarios

Golfiño

Aquí tedes un paquete de actividades sobre Golfiño. De momento están en período de proba, pendentes de modificar dependendo das vosas valoracións. Despois a versión definitiva irá ao blogue da biblioteca. Así que xa sabedes, probádeo e opinade.

Publicado en As nosas lecturas, Terceiro 2012-2013 | Etiquetado , , , , | 3 Comentarios