Arquivos do autor: cova

Adeus!

Despedímonos deste blogue porque xa estamos en quinto! Deixamos nel un montón de bos momentos que poderemos seguir lembrando sempre que queiramos. Agardámosvos no noso novo blogue de aula. Deica logo!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado | Comentarios desactivados en Adeus!

Feira do Libro 2014

Xa está aquí a Feira do Libro! Atent@s ao programa, non deixedes de participar! Para máis información entrade no blogue da BBS

Publicado en Xeral | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Feira do Libro 2014

O lobishome

Aquí van algunhas imaxes da estrea mundial de “O lobishome” pola compañía teatral de 4º do Brea Segade no festival de fin de curso. Foi xenial, noraboa artistaz@s! En canto consiga o vídeo súboo. Estade atent@s tamén irei colgando imaxes … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Etiquetado | 1 comentario

Aniversario de Iria

Celebramos o aniversario de Iria antes de rematar as clases, aínda que o seu día é o 23 de xuño. Tivemos un biscoito riquísimo e chulísimo, decorado con gominolas e globos.  E claro, non quedaron nin as migallas. MOITOS PARABÉNS, … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Etiquetado | Comentarios desactivados en Aniversario de Iria

Visita sorpresa

O xoves Alba veu de visita á nosa clase! Foi unha sorpresa. Gustounos moito volvela ver! 🙂

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Visita sorpresa

Excursión a Campo Lameiro

Na nosa excursión de fin de curso marchamos á provincia de Pontevedra: Campo Lameiro e Caldas. Visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro, onde puidemos ver moito do que aprendemos en Coñecemento neste trimestre. Despois de visitar … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar, Terceiro A 2013-2014, Terceiro B 2013-2014 | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Excursión a Campo Lameiro

Policía e bombeiros

O martes 17 tivemos a visita sorpresa dos bombeiros e a policía municipal. Puidemos probar o equipamento do camión de bombeiros, o coche e a moto da policía. O mellor a mangueira e a moto; case marchamos con ela!

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Policía e bombeiros

O centro arqueolóxico da Barbanza

Os de 3º e 4º estivemos de visita en Neixón, no centro arqueolóxico. Empezamos vendo un documental da prehistoria da Barbanza, despois visitamos o museo. O que máis nos chamou a atención foi unha maqueta de todo a Barbanza, logo … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , , | 3 Comentarios

Eusebio, o avó de Manuel

Manuel tennos falado moito este curso dos traballos en madeira do seu avó e de como as veces lle axuda. A semana pasada trouxo unha mostra das súas tallas e deixounos coa boca aberta. Mirade! Así que nos atrevimos a … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 7 Comentarios

Os tres R

Tiñamos o blogue un pouco abandonado, sen actualizar desde hai un tempo, pero iso non quere dicir que nós non estiveramos activ@s. Aquí tedes unha mostra do que estamos a facer.   REUTILIZAMOS MATERIAIS DE REFUGALLO ESTADE ATENT@S AO BLOGUE … Sigue lendo

Publicado en Cuarto 2013-2014 | Etiquetado , , | 5 Comentarios