Excursión a Campo Lameiro

Na nosa excursión de fin de curso marchamos á provincia de Pontevedra: Campo Lameiro e Caldas. Visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro, onde puidemos ver moito do que aprendemos en Coñecemento neste trimestre. Despois de visitar cun guía a exposición e o parque, fixemos un xogo de pistas por equipos no que tivemos que buscar probas e resolvelas, guiándonos por un plano. Estivo moi ben!
Pola tarde despois de xantar, perdernos e atoparnos un montón de veces polo labirinto, fomos a Caldas, ás fervenzas de Segade e á alameda.
Pasámolo moi ben!

Esta entrada foi publicada en Cuarto 2013-2014, Sen clasificar, Terceiro A 2013-2014, Terceiro B 2013-2014 e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.