Educación vial

O luns sete de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º fomos ao pabillón a unha sesión de educación vial nun circuíto de karts. Primeiro, o venres anterior, veu a policía ás clases a explicarnos as normas básicas de tráfico e de uso do circuíto.
Había catro karts de motor eléctrico e semáforos, sinais de ceda o paso, de stop, de dirección obrogatoria, unha rotonda… Comezamos dando unha volta por fóra do circuíto para afacenos aos karts e despois xa entramos no circuíto e fixemos un traxecto que nos mandou un policía. Para rematar puidemos facer nós o traxecto que quixemos.
Só hai un circuíto para toda Galicia e en Rianxo estivo unha semana para que fóramos nenos e nenas de todas as escolas.

Esta entrada foi publicada en Cuarto 2013-2014 e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Educación vial

  1. Patri 4º di:

    Molou moitisimo ir nos karts, foi xenial. Algúns levaronse obstaculos por diante.

  2. Cesar C Ruben di:

    Aitor dalle gas. 😀

  3. Cesar C di:

    Eu levei un obstáculo por diante. 🙁

Os comentarios están pechados.