No corazón do bosque

No trimestre pasado estivemos lendo No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz. É unha aventura máxica que comeza e remata nas fragas do Eume e que nos fala da amistade entre unha nena, Raquel, e un ser da nosa mitoloxía. Rematámolo no Nadal, así que comezamos o segundo trimestre falando das aventuras de Raquel e Derdrín e compartindo os cadernos de traballo que completaramos nas vacacións.

Xa temos lido varias obras de Agustín Fernández Paz e segue a ser un dos nosos escritores favoritos. Neste caso, Derdrín foi o personaxe que máis gustou, por pillo e divertido. Oxalá viñera de visita unha tempada ás nosas casas ou á escola!

Esta entrada foi publicada en As nosas lecturas, Cuarto 2013-2014 e etiquetada , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

4 respostas a No corazón do bosque

  1. Manuel e Noa di:

    A nós gustounos moito No corazon do bosque:

  2. Laura di:

    No Corazón do Bosque encantoume foi un dos meus libros favoritos.

Os comentarios están pechados.