Baleadas. Imos ao teatro

O martes iremos tod@s, desde 1º a 6º, ao Auditorio de Rianxo para ver a obra Baleadas da compañía Traspediante. Polo que sabemos Baleadas é un espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus Balea2. Gustounos a idea do espectáculo e a compañía que o leva, así que decidimos que era tempo de ir ao teatro.

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.